Categoría: Acción Social

8 de marzo. Pola igualdade real, todos os días

A día de hoxe, a reivindicación feminista está máis vixente ca nunca. Segue a haber medidas concretas non conseguidas aínda dende aquela: a igualdade salarial, a conciliación laboral e familiar e a fin de novas discriminacións xurdidas co paso dos anos. Pero por enriba de todas, a principal esixencia que en 2017 temos é o dereito á vida e á liberdade polo simple feito de ser muller. A marxinación de toda violencia machista como condición indispensable

O Goberno Local aproba en solitario os orzamentos para 2017

Recibimos o documento definitivo dos orzamentos cando pasaban poucos minutos das sete e media da tarde, a falta de tan só hora e media para o comezo do pleno. Pedimos que o punto se adiase a unha sesión extraordinaria para poder valorar con tempo a documentación recibida. O Alcalde Manuel Campos non aceptou a petición e teimou en aprobar as contas do ano que vén sen que os grupos da oposición dispuxeramos da documentación co tempo debido. Consideramos unha absoluta falta de ética esta decisión e non entendemos cal era a razón para asumir un erro e rectificalo debidamente, pero dende logo ante estas formas de ningunha maneira se pode falar de transparencia.

Por unha contratación pública responsable en Cuntis!

A contratación pública é un dos principais recursos que teñen as administracións para desenvolver e executar políticas sociais. Pode e debe ser unha ferramenta transformadora que contribúa a unha sociedade máis ética e máis sostible, e neste senso, a inclusión de cláusulas sociais e medioambientais na compra pública xoga un papel determinante. O reto é desterrar a concepción tradicional da oferta economicamente máis vantaxosa como aquela que incorpora o prezo máis barato.